lunes, 15 de diciembre de 2008

Cavilando...

O outro dia (ese outro dia que non foi hoxe), atopabame eu parlamentado co meu xefe (un deles, q resulta que o que me sobran sonche xefes...) sobre se abrir o local (no que fago extras), a noite de nadal, el preguntoume, se dita noite a xente saía (xa que nisto de andar de festa aválame unha longa traxectoria) ou pola contra quedaba na casa, xa que se mostraba indeciso a hora de abrilo local a noite do 24. A miña resposta foi taxante, abreo, a xente hoxe en día non queda na casa nin pra esas cousas...

Entón, horas despois, púxenme a cavilar no porque disto, e no como a xente rexeita cada vez mais estas tradicións navideñas de quedares na casa a cear coa familia, emborracharse con eles, sacar os trapos sucios, discutir sobre temas mais que enterrados, chorar polos que xa non están... depriminme, e sen querer obtiven a resposta que non estaba buscando :)

Porque á xente decide sair de festa, un dia que teóricamente debería quedares na casa coa familia? A resposta vai arriba escrita. Cando as ceas son multitudinarias, sempre atopas certos personaxes "a-típicos":

1º O que se pasa bebendo, e che solta todas esas que che tiña gardadas, e por vergoña non che dixera ata a data.

2º O que aproveita os dias de lecer, ó agradable do lume na chimenea, a cea ata ese momento se preocupacións, o permiso pra fumar a mesa, pra foderche a noite cos temas mais desagradables de conversa que se lle pasen polos miolos...

3º O que lle da por cantares villancicos, e te increpa a que os cantes ti tamén, a sabendas da tua condición de ateo... É se inda cantase ben, pero nin por esas...

4ºO chorón, aquel que lle da por chorar, e diche, "é de alegria". Coño, pois para xa, porque me estas amargando a min...

5º Eu, que así que chega o café, levanto, despidome como se nada, e digo, "e que me estan esperando". Como que te estan esperando? Si, esperanme, tamén terei que celebralo nadal cos amigos non? Unha aperta, graciñas pola cea, e vémonos mañan outra vez. Abur...

Désculpade que non me quede a rememorar todalas ofensas feitas contra a familia, a falar mal de xente que nin sequera coñezo. A recordares todalas desgracias que lle sucedeu a cada membro desta amplia familia, pero, a min pareceme unha noite pra desfrutares, pra alegrareste de ter seres queridos preto, e non pra amargarme con esas cousas...

Asi que, benditos bares que abren estas preciadas festas, que me ofrecen o refuxio que preciso en susoditas ocasións!. Como son tolerante, brindarei por todolos que quedades na casa, e mesmo polos que me acompañen.

Ah, si, bó nadal a todo o mundo, e unha aperta desde este rinconciño...

viernes, 5 de diciembre de 2008

Manda carallo...

Hoxe erguinme cedo, (sen comentarios...) é dispuxenme a dar renda solta a un copioso almorzo, (tratábase dun cortao) cando, inxenuo de min, agarro o "faro de vigo". Alá comezo a miña andanza polas incontables páxinas dandonos desalentadoras noticias sobre a famosa crise, cando na seccións de sucesos, atopome unha noticia destas que te deixan pasmao...

Ao pareceres, unha nai, bastante ofendida, e pola pinta acalorada, descobre que o seu fillo/a de 10 anos non fixo os deberes, berra con el/a, e chegado o punto propinalle supostamente unha bofetada e agarrao/a polo pescozo. A raparigha vai ao colexio, e os majetes dos profesores, estes que tantas veces teñen que recurrir a infinitas argucias pra calmar os nervios e non reventarlle a cara a ostias a mais dun crio, ven a cara "colorada" da raparigha e interpoñen unha denuncia. En fin, 45 dias de cárcere e unha orde de alonxamento de 1 ano a nai do cativo/a en cuestión...

Que tempos aqueles... nos que como non levases os deberes feitos, xa non eran teus pais, senon os teus profesores os que che daban a sonora labazada no medio da clase, nos que che impuñan castigos a todas horas e pola minima falcatruada... E vaites... creo que as xeracións dos 70 e os 80 tampouco saimos tan mal... Así vai o pais... centos de mulleres mortas por maltratos diarios, abusivos e denigrantes ao ano, e por unha labazada, a esta muller amarganlle a vida, a familia, e o crio/a é un puto heroe...

Vale, que hai que coñecer mais profundamente o caso, vale que pode estar mal o que fixo a nai, pero ¿UNHA LABAZADA=45 DIAS DE CARCERE?. Carallo, dentro de pouco tiraste un peido sen haber posto antes o dedo no cu pra aguantalo, e pasaste comendo papas do estado uns meseciños... Así vai o pais... crisis din... crisis moral, educativa, e sociolóxica é que temos...

PD: Intentei colgaros o enlace na noticia, pero non me rula a web do faro...

PD2: Aproveito pra saudar ao langrán de TPW, o das maquinillas de afeitar, por faceres de vez en cando unha visitiña por eiqui