sábado, 5 de febrero de 2011

Anónimo

Tí que ves e me xulgas dende a ignorancia, que o fas dende as sombras coma unha curuxa, acaso ti tamén vela vida en branco e negro? Tés os ollos cravados na face e só alcanzas a ver o que apunta o teu fuciño?

Porque te escondes?, que témes? Se falas por falar vai amolar a outro, este e o meu espazo, onde penso que non fuches invitado; se temes algo e que non me coñeces, eu sonche ben pácifico.

Entón se queres falarme ou consideras que tes algo que dicirme, móstrate! Non te escondas no anonimato, xa que non tes nada que perder.

É moi doado colarse onde non es ben recibido e agocharse nas sombras pra asestar unha facada...
Se non che gusta o que escribo, tes sitios mais interesantes onde ir amolares.

Así que fai o favor, primeiro, non fales do que descoñeces; e segundo, se vas andar de bocalán, alomenos ten a decencia de facerme saber quen me enxuiza...

He dicho.

martes, 11 de enero de 2011

Eu quero traballar!

Eu quero traballar 14 15 horas diarias e cotizar 4
eu quero traballar de luns a luns e que me den unha tarde libre
eu quero traballar e que me den 45 min pra cear, ducharme e voltar feito un pincel
eu quero traballar pra que despois de 12 horas traballando e limpando meu xefe me chame tonto en público
eu quero traballar pra que o jefe me poida chamar cando queira e teña q acudir ipso facto
eu quero traballar pra que o jefe me desperte nas miñas horas de descanso
eu quero traballar pra non escoitar "gracias" ou "ben feito" na vida...
eu quero traballar pra que o meu xefe teña en quen desafogar cando ten un mal dia
eu quero traballar pra recibir reprimendas sen motivo
eu quero traballar pra non cobralo paro cando me lisquen
eu quero traballar pra non cobralo finiquito
eu quero traballar enfermo, caindo da febre e que cando me den unha baixa oir unha reprimenda
eu quero traballar pra que chegadas datas sinaladas me den 4 duros fora do soldo e me digan que non os merezo logo de pasar un ano deixandome a pel polo negocio
eu quero traballar pra non vela luz do día
eu quero traballar pra que se rian de min a cara (e as costas)
eu quero traballar pra cando lle pida algo ao xefe me de a espalda e non me volte falar
eu quero traballar pra que me fodan a liquidación cun dribling burocrático
eu quero traballar pra firmalo finiquito 15 dias antes, e que me digan que non saben se me van renovar,
eu quero traballar, señores estan nominados en 15 dias o público decidirá o seu futuro, ou iso ou tirome un peido e dependo de se vai con sustancia ou non decido que fago. (GH anal)

É vós, ¿coma podedes vivir sen traballar?

He dicho

lunes, 4 de octubre de 2010

Dr Jekyll e Mr Hyde

Din, que un, sempre ten varias "caras" ou "personalidades" de cara á xente, dependendo, de se esta cunhas ou outras. Que unha persoa se comporte sempre igual, independientemente da compañía da que disfrute no momento, non me dá boa espiña, xa que inconscientemente un sempre "se adapta" á xente que o rodea.

O problema, penso eu, é cando esas personalidades rivalizan tanto entre sí., cando son tan distintas unhas doutras. Coma o doutor Jekyll e Mr Hyde... É máis, se non son duas, senón un feixe...

Cál é a boa? Cál e Jekyll, e cál Mr Hyde? Como podes saber a quen te enfrentas? Todos temos un demo dentro, un que só sae en contadas ocasións, pero cando ese "demo" sae con tanta facilidade... Como saber sé é o demo o que esta dentro, e non o que está fora.... Cál é a cara boa?

Unha vez, un home ao que quixen moito, e moito respetei, díxome: "Se queres saber de verdade como é alguén, dalle poder". Sempre me asustou intentalo...

As veces, imaxínome algúns dos meus seres queridos con "poder", é, unha de duas, ou teño moita imaxinación.... ou non me gusta o que vexo....

Ale, que vos medre.....

martes, 30 de marzo de 2010

Tratado sobre a autoestima 1.509343756

Tempo atrás, (moiiiito tempo atrás) escribin falando sobre á autoestima, pra os que non saiban do que falo que o busquen, paso de porvolo enlace, ¡Vagos!

Pois voltando ao tema, que é a autoestima? Según a RAE (pra os q ainda non o saiban, a RAE é... Buscao bendito vago...) a susodita autoestima é : A valoración xeralmente positiva dun mesmo. Pois ben, estes da RAE non me coñecen...

Como que xeralmente? Un dia pensas ben de ti outro non? Iso é ser inestable emocionalmente, non ter autoestima...

Eu non me ergo todolos dias e me poño frente ao espello dicindome que guapiño son (iso sería narcisismo, buscadeo tamén...), senón, que xeralmente teño un moi bó concepto de min mesmo. Home, diredes vos: Bush tamén ten un bó concepto de si mesmo, e imposibél que unha persoa non se teña en tanta cousa, asasine centos ou miles de inocentes e siga durmindo tranquilo...

Duas diferencias; Bush é alcohólico perdido, eu só alcohólico... É o susodito pensa ben de si mesmo porque vive nun mundo aparte, xa que só dous ou tres personaxes mais pensan igual ca él.... No meu mundo, no real digo..., a xente que me coñece quéreme ben (inxenuos eles... pero non falaba diso...) Senón que algúns chegan a ver en min un especímen extraño, que sempre é capaz de ter un sorriso nese careto, unhas boas verbas pra todo o que o rodea, e unha pasividade inimáxinabél frente aos percances aos que te afronta a vida.

A
miña "filosofía" ( se así se pode denominares) de vida é moi sinxela... Os problemas preocupan cando toca afrontalos, ou cando podes atoparlle solución. Se ningunha destas opcións é viable, non precisas cavilar nelo, xa que non chegarás a ningures...

Con isto, que pretendo dicires? Pois.... non o teño moi claro ^_^

Pero, en resumidas contas, eu estou disposto a disfrutar ao máximo da miña vida, e ti? atreveste?...


H
e dicho

viernes, 9 de octubre de 2009

Maneras de vivir

Porque?, porque a xente se autotortura cos malos recordos? Porque se martirizan os miolos dandolle voltas e voltas as cousas que non sairon ben? Frustrados intentos dunha relación, un negocio ou unha falcatruada sen éxito.


En vez de aprenderes dos erros, facémonos dano con eles. Onde está o sentido disto? Como fas pra esquecer algo? Pensando nel, refrescando os recordos, e con elo pondo mais dificil que caian no olvido. En vez de limitarte a seguir coa tua vida, os teus amigos e os teus hobbies adicamonos a cavilares sobre o asunto en question: e se fixera isto en vez de aquilo, e se houbese ido mais amodo, porque o faría?.... Unha bucle sen fin, minto, cun fin, o de torturarnos indefinidamente ata que alguen ten a sensatez de darche un sopapo e facerte voltar en ti. Fago especial mencion en que me ofreco desinteresadamente a ser o do sopapo ^_^


A miña teoria de uso cotiá é ben sinxela: Vive o momento, e lembrate so do pasado pra non repetir erros, inda que coa miña escasa memoria a veces non funcione...


Ale, he dicho


Maneras de vivir aqui

lunes, 29 de junio de 2009

Xubilación...

Boas.... ou non...

Filtreando coas noticias nos distintos periódicos online dos que dispomos, atópome por enésima vez que se recomenda ampliar a idade de xubilación aos 70 anos. Como se xa choiasemos pouco... pero non é ahi onde quero entrar.

Levan arredor de dous ou tres anos deixándonos cair a patadiña do aumento de anos de cotización, de curro vamos... pero nunca dan o paso adiante. Asemella que andan soltándoo por ahi, observando a reacción do público, vendo se o rexeite é palpable, ou simplemente o partido do goberno non quere ser recordado coma os cafres que alonxaron a idade de xubilación, que o faga a oposicin cando lles toque, an de dicires...

Hai uns anos que o estado implantou un producto de aforro con vistas a xubilación, en común pra todalas aseguradoras, si, aseguradoras, porque o carallo dos bancos se che falan de xubilación dache a risa. Imaxinome a conversa entre o banqueiro e o cliente :


Banqueiro: Oes, e porque de paso que te deixas os riñons pagandome con creces os cartos que che prestei pra comprar catro ladrillos mal postos non vas aforrando algo pra xubilación?


Cliente: Home, pois tes razón, eu vouche dando os cartos pra que mos gardes, e ti vaimos perdendo polo camiño....


De coña... uns beneficios dun -8% nos plans de pensions de renta mixta ( 70% renta fixa, 30% variable). Pois ben, o susodito producto de aforro chamase PIAS, é un modelo común pra todalas aseguradoras, no que ti vas facendo unhas aportacións de forma mensual, cun beneficio mínimo anual garantizado por escrito e coa ventaxa de que chegado o glorioso momento de xubilarte, se o cobras en forma de pensión vitalicia eses cartos estan libres de impostos (usease, non che birlan nada os de facenda)

O detalle, e que na cumplimentación do susodito plan, xa che indican, que chegados os 65 queres seguir traballando e postergalo momento do cobro, podes renovar a póliza ano a ano ata os 70. E digo eu, se xa de aquela tiñan claro que ian aumentala idade de xubilación, porque non o fan dunha vez? Se como din os colegas da FUNCAS (fozas, fuchicas, metelo fuciño, en galego) que a seguridade social solventaria os seus problemas con esta medida... que o arranxen XA.

Vale, que che quitan as ganas de seguir choiando, pero, se con iso deixan de tocalo carallo tódolos dias dicindo que a nosa queridísima Seguridade Social se vai ir pro carallo... benvido sexa....

HE DICHO

miércoles, 29 de abril de 2009

Teoria da "loira"

Tempo atrás, durante unha escapada de negocios a Santiago, a cal milagrosamente coincidiu na miña epoca de estudiante, e para mais inri nun xoves a noite :) tiven o dubidoso pracer de coñecer a unha peculiar rapariga que daquela compartia os praceres carnais co meu compañeiro de festa, ejem, digo colega de negocios...
O nome da rapariga en si non o quero recordar, pero deixoume un plantexamento nos miolos que mais tarde evolucionaria; este era mais ou menos o seguinte:
Ser loira natural é sinónimo de ser superior aos que non o son. Baseaba a sua filosofia vital, no detalle de que ao ser loira natural, cando lle falaban dalgo que non era do seu agrado, excusabase coa frase "A min que me contas, son loira natural", como dando a entenderes que na vida ía comprender de que diantres lle falabas. Outra, era cando algunhas das aves rapaces nocturnas, especie que cada dia prolifera mais nas discotecas, percatábase da sua presencia é acudía "ipso facto" a lucir as suas dotes de seducción, o especimen en si, cortaballes o ritual de apareamento cunha frase destas que non se che esquecen na vida; "Eeehhh!!! (cun berrido que daría a moi mal pensares..), que dis?, fálame amodiño que son loira natural"

IMPRESIONANTE....

Replegada ao buraco mais escuro do subconsciente esta "noite" da miña vida, reapareceu hai unhas semanas ao coñecer un especimen cunha teoria semellante á da susodita santiaguesa...

Entón, comecei unha serie de investigacións das cales non vos remito os apuntes polo confusos e carentes de lóxica que estes son, pero nas que se analizan os seguintes puntos:

1º Ser loira ten ventaxas? Describilas escuetamente
2º E certo que teñen un universo propio no que coexisten de forma intermitente entre o seu propio e o noso?
3º Que foi daquel mito de que as loiras son intelixentemente inferiores?
4º Se te tiñes, adquires eses superpoderes?

Cando finalice a investigación notificareivos os resultados, intentando traducilos a algo lexible.


PD: Antes de buscar problemas con certo sector da sociedade de pelo "extraordinariamente brillante é sedoso", notifico de antemán que o estudio non se esta a realizar, senón que era unha excusa pra rememorar a anecdota da susodita santiaguesa e adicarlle unhas liñas a un dos ultimos fichaxes da oficina. Unha aperta ruliña....

Un lambetazo langráns