lunes, 15 de diciembre de 2008

Cavilando...

O outro dia (ese outro dia que non foi hoxe), atopabame eu parlamentado co meu xefe (un deles, q resulta que o que me sobran sonche xefes...) sobre se abrir o local (no que fago extras), a noite de nadal, el preguntoume, se dita noite a xente saía (xa que nisto de andar de festa aválame unha longa traxectoria) ou pola contra quedaba na casa, xa que se mostraba indeciso a hora de abrilo local a noite do 24. A miña resposta foi taxante, abreo, a xente hoxe en día non queda na casa nin pra esas cousas...

Entón, horas despois, púxenme a cavilar no porque disto, e no como a xente rexeita cada vez mais estas tradicións navideñas de quedares na casa a cear coa familia, emborracharse con eles, sacar os trapos sucios, discutir sobre temas mais que enterrados, chorar polos que xa non están... depriminme, e sen querer obtiven a resposta que non estaba buscando :)

Porque á xente decide sair de festa, un dia que teóricamente debería quedares na casa coa familia? A resposta vai arriba escrita. Cando as ceas son multitudinarias, sempre atopas certos personaxes "a-típicos":

1º O que se pasa bebendo, e che solta todas esas que che tiña gardadas, e por vergoña non che dixera ata a data.

2º O que aproveita os dias de lecer, ó agradable do lume na chimenea, a cea ata ese momento se preocupacións, o permiso pra fumar a mesa, pra foderche a noite cos temas mais desagradables de conversa que se lle pasen polos miolos...

3º O que lle da por cantares villancicos, e te increpa a que os cantes ti tamén, a sabendas da tua condición de ateo... É se inda cantase ben, pero nin por esas...

4ºO chorón, aquel que lle da por chorar, e diche, "é de alegria". Coño, pois para xa, porque me estas amargando a min...

5º Eu, que así que chega o café, levanto, despidome como se nada, e digo, "e que me estan esperando". Como que te estan esperando? Si, esperanme, tamén terei que celebralo nadal cos amigos non? Unha aperta, graciñas pola cea, e vémonos mañan outra vez. Abur...

Désculpade que non me quede a rememorar todalas ofensas feitas contra a familia, a falar mal de xente que nin sequera coñezo. A recordares todalas desgracias que lle sucedeu a cada membro desta amplia familia, pero, a min pareceme unha noite pra desfrutares, pra alegrareste de ter seres queridos preto, e non pra amargarme con esas cousas...

Asi que, benditos bares que abren estas preciadas festas, que me ofrecen o refuxio que preciso en susoditas ocasións!. Como son tolerante, brindarei por todolos que quedades na casa, e mesmo polos que me acompañen.

Ah, si, bó nadal a todo o mundo, e unha aperta desde este rinconciño...

viernes, 5 de diciembre de 2008

Manda carallo...

Hoxe erguinme cedo, (sen comentarios...) é dispuxenme a dar renda solta a un copioso almorzo, (tratábase dun cortao) cando, inxenuo de min, agarro o "faro de vigo". Alá comezo a miña andanza polas incontables páxinas dandonos desalentadoras noticias sobre a famosa crise, cando na seccións de sucesos, atopome unha noticia destas que te deixan pasmao...

Ao pareceres, unha nai, bastante ofendida, e pola pinta acalorada, descobre que o seu fillo/a de 10 anos non fixo os deberes, berra con el/a, e chegado o punto propinalle supostamente unha bofetada e agarrao/a polo pescozo. A raparigha vai ao colexio, e os majetes dos profesores, estes que tantas veces teñen que recurrir a infinitas argucias pra calmar os nervios e non reventarlle a cara a ostias a mais dun crio, ven a cara "colorada" da raparigha e interpoñen unha denuncia. En fin, 45 dias de cárcere e unha orde de alonxamento de 1 ano a nai do cativo/a en cuestión...

Que tempos aqueles... nos que como non levases os deberes feitos, xa non eran teus pais, senon os teus profesores os que che daban a sonora labazada no medio da clase, nos que che impuñan castigos a todas horas e pola minima falcatruada... E vaites... creo que as xeracións dos 70 e os 80 tampouco saimos tan mal... Así vai o pais... centos de mulleres mortas por maltratos diarios, abusivos e denigrantes ao ano, e por unha labazada, a esta muller amarganlle a vida, a familia, e o crio/a é un puto heroe...

Vale, que hai que coñecer mais profundamente o caso, vale que pode estar mal o que fixo a nai, pero ¿UNHA LABAZADA=45 DIAS DE CARCERE?. Carallo, dentro de pouco tiraste un peido sen haber posto antes o dedo no cu pra aguantalo, e pasaste comendo papas do estado uns meseciños... Así vai o pais... crisis din... crisis moral, educativa, e sociolóxica é que temos...

PD: Intentei colgaros o enlace na noticia, pero non me rula a web do faro...

PD2: Aproveito pra saudar ao langrán de TPW, o das maquinillas de afeitar, por faceres de vez en cando unha visitiña por eiqui

jueves, 30 de octubre de 2008

Cultivando...

Estes dias andoche con iso as voltas... Cultivando unha gripe, que no caso de que non corte de raiz, vai amolar de carallo... Primeiro deixeina estar, pero hoxe tocoume un mal espertar, coa gorxa inflamada, e esta tarde tomarei cartas no asunto.

Nin drogas suvencionadas nin ostias... Basta con facer a ruta do "licor do negro café", e mañan, con algo de empane cerebral me levantarei, pero sen resto algún de virus e bacterias no corpo.

Este venres, mailo sábado imos celebrar o Shamain, aquel ritual de respeto aos mortos que os nosos queridos Celtas comezaron hai séculos xa... Tócame a min, preparala queimada, e achegarlles á "espirituosa" bebida á xente, (Que non emborrachalos). Asi que, xa sabedes, aos que estedes interesados, Venres e Sábado a noite no Blubar. Unha aperta raparighos/as, sede bós, e tomarlle unha pola xente querida da cal xa non podemos desfrutares da sua compaña. Eu tomareime moitas, xa que son moitos os que incluío no grupo, e de paso tamén brindarei polos descoñecidos.

Sen mais, que vos den ben... :P

jueves, 23 de octubre de 2008

Malas noticias

Presentandose así comezou onte a chamada (ao momento me viu a cabeza ese gran tema dos "Suaves")que me fixo unha amiga... Esta foi unha desas poucas (por sorte) chamadas que recibes que sabes que traerán noticias desagradables. Desas nas que de poder elexir optarías por non collelo teléfono é seguir vivindo na ignorancia. Pero, que se lle vai facer, algo dentro de ti pideche a gritos que collas o telefono, que estropees o momento tan agradable do que estás disfrutando, porque, sabes do importante é a vez desastrosa que vai ser esa chamada...

Descolgas, ¿Que foi?, dís xa antes de saudar, "Teñoche que dar unha mala noticia", ¿Que foi?, voltas a preguntar, xa torcendo os beizos, borrando o sorriso da cara é engadindo novas arrugas ao fruncido ceño... "¿Lémbraste de menganito?", quen pensas que son? como esquecerme dun colega así?. Lembrome. Estudiamos xuntos, vale que se foi a vivir pra fora, pero sempre que viña de vacacións seguiamonos vendo... "Apareceu morto este mediodía na casa". Ah, vale, gracias por avisar, non precisas montar espéctaculo, porte a chorar, preocupar a ninguén... fas coma se nada, é xa honrarás a sua morte. Tí, sen mais, que vas a facer? Pregúntaste como foi, pero xa se che anticipan a pregunta (este morbo de compartir información valiosa...) "todavía non se sabe nada".

Saes a tomar unha cervexa, e poste a cavilar, lembraste del, das últimas veces que falastedes, da cantidade de veces que ristedes xuntos, é de outras anecdotas as cales nunca lle deches importancia. De golpe, abres os ollos, voltas a realidade e daste de conta de que hai todo un mundo ao teu redor... Un mundo, por certo, que xa fai eco da noticia, e no mesmo bar que estabas tomando a cervexa, enteraste xa de que foi por sobredosis, nooon, que foi un derrame cerebral, que vá! un infarto... Como lle encanta a xente especular, xulgar é divagar sobre a vida e a morte dos demais... As poucas horas da sua morte, xa tiñan 50 causas de morte distintas, todas elas válidas, e todas "coherentes".

A vida eche así, unhas veces ven, outras vaise... É a xente disfruta falando, divagando é incluso distorsionado os sucesos alleos...

He dicho.

lunes, 20 de octubre de 2008

Achégase o iverno...

Como ben dicían os Stark no maravilloso libro Canción de Hielo y Fuego, "achégase o inverno". Remataron as tardes de cañas en calquer terraza, as largas noites de festa ou conversas ata altas horas da madrugada, maltratando o corpo quitandolle esas tan preciosas e precisas horas de sono.

Voltamos á normalidade. Chegar cedo a casa, pasar a tarde-noite no sofá mirando unha peli, machacando os botóns da "Play", ou acompañado dun libro ata que decidímos enredarnos nas sábanas e dar por finado o dia.

Algúns diredes, pero se o vran xa finou tempo atrás... Iso é evidente, pero a morriña desas épocas fai que un tenda a alargalas, e mais, co tempo "extraño" que temos...

Onte tomei unha decisión que me fixo chegar a esta conclusión, decisión trivial, pero decisión ao fin do cabo. Esta foi, voltar a desfrutar dos paisaxes da Comarca e da Terra Media, de perderme nese complexo pero a vez fántastico mundo creado pola imaxinación de JJR. Si, voltei a ler "O señor dos aneis", e isto, a morriña producida polos bos momentos que me produxo a sua lectura, foi a que me fixo darme de conta que se achega o inverno.

Acabouse xa eses bikinis, eses pantalóns curtos, esa comodidade de andar por ahi con chanclas e non por mais roupa que a xusta pra esconder o que ninguen quere ver. Voltamos a cargarnos de roupa ata que pareza que imos de excursión a algun lugar afastado de toda civilización, lonxe das altas temperaturas as que nos tiña o vran acostumados...

É con elo chega o coñecido "cambio de armario", onde sustitues os piratas, as vermudas, as camisetas de slogans, de marcas de alcohol, bares etc... por un vestuario masi formal, mais largo e case sempre sen a gracia deses esloganes "chorras". Agora é a etapa mais dificil de todas, decidir que gardas, e que tiras... Vamos, que ao final metelo todo en caixas, súbelo ao faiado, e pensas... Pra o ano desfagome delas...

Señores/as... Achégase o inverno...

viernes, 17 de octubre de 2008

Cotilleos...

Algo que nunca me chamou a atención foi iso, o cotilleo. Primeiro, definámolo cotilleo; éste, pra min é o intercambio de información allea, tanto de carácter pública como privada. Nunca estiven en contra de tal práctica, a cal atribuio a xente cunha vida un tanto aburrida, e busca desafogo ou compensación dos seus males nas desgracias alleas. Teñamos en conta, que tamén fomenta a envidia, xa que senon sabes o que fai ou deixa de facer o veciño, non tes porque sentirte menos cá el... En definitiva, un arma de dobre fío.

Como dicía, non teño nada en contra desta práctica, agás cando se emprega pra fomentar o odio ou dañar a terceiras persoas. Que, chegados ao punto, foi o que me sucedeu a min, mailas miñas amigas (protagonistas dos "cotilleos" neste caso).

Que alguén fale mal de min, traéma sen coidado, pero que fale con coñecemento de causa, non por falar... (digamos, que non me arrepinto do que fago), agora, que falen das miñas amigas xa me jode, pero inda por riba, que falen mal, moi mal. É se pra mais, distorsionan os feitos, é se inventan o resto... xa é considerado un ataque directo cara a miña persoa, e non danos colaterais como consideraria o simple intercambio de información allea.

Entón, postos no caso, o que fixen foi explicarlle que ia escoitar o que me tiña que dicir, polo respeto que lle tiña (respeto que perdín en canto acabou de falar, por certo...), pero, que o que estaba dicindo eran unha sarta de tonterias é mentiras de eiquí a Dubai (por por un exemplo... :P).

Chegado o fin da "sarta de tonterias", límitome a sacala do seu érro, pero visto que ten a mente tan cerrada a entrada de información como teño eu cerrado o recto a entrada doutras cousas, o que fago é mandala ao carallo, explicandolle que non perdo o tempo con sente coma o meu recto...
Lisco, é ao pareceres agora adicase a mandarme recados por unha amiga, de que a conversa inda non rematou... Que agora, resulta que non dixo o que dixo, vamos..., que tiven un pésadelo, soñeino, e son o tío mais cabrón que hai sobre a faz da Terra (isto último pode ser certo, pero todavía non está demostrado, é xa postos, non é por este caso en concreto o meu título).

Vaitó! Pra que diantres existe a televisión? Se a túa vida é moi aburrida, non vaias a tocarlle o carallo aos demais, mira a tele, é pon a parir aos de GH se ves que tal, pero, deixame vivir tranquilo...

PD: Ver a tele, non ó considero sinónimo dunha vida aburrida, nin moito menos... Pero, tamén sirve pra rechear eses ocos na vida da xente, e así evitar que pensen as tonterias que algúns pensan...

lunes, 13 de octubre de 2008

Alcohol = violencia? Non creo, ten que ser defecto de fábrica xa...

Se hai algo que nunca chegarei a comprender, é o motivo polo cal a xente en vez de sair de festa, sae a buscar bronca. Como lle explicas a alguén medio calzao, que non che interesa o mais minimo o motivo polo cal esté enoxado, que a pague coa parede ou no seu defecto se corte as venas.

Cando estas de copas por ahi, a solución tela facil, cambias de local e ao carallo, xa atopará outro coma el e podran amigablemente intercambiar "caricias". Pero, cando estás detrás da barra, o "figura" (chamareille así, porque é o único adxectivo non descalificativo que se me ocurre) en cuestión envalentonase. Eu considerome un "rapaz" con moita paciencia (demasiada, aventurome a opinar) é o que fago nestes casos, é, amigablemente, darlle a entender que tes un chisco mais de educación ca él (a pesar de que che doble en idade, como mínimo), e se ten algún problema, informolle da hora de saída do meu posto de traballo, por se lle apetece esperar.

Podo chegar a entender que a noite confunde, que o alcohol distorsiona a realidade (a min pásame, sempre me parece chegar a casa de día ^^), que ir acompañado de algunhas mulleres (non teño claro se entran na definición tal cual, pero estou pouco inxenioso e non se me ocurre outra forma de denominálas individuas en sí) faite envalentonarte (ou agilipollarte mais, depende como se vexa). Entón, pese a suxerencia do meu xefe, negome a servilo, e pregúntome, ¿Como será dito figura polo día?, e tremo só de pensalo.

¿Que mal faría a sociedade, pra ter que compartires zonas de ocio con este tipo de "figuras"? No meu caso, se vou a sair da casa cun mal dia, ou me quedo, ou deixo o mal roio na casa, pa ter algo que discutir logo coa almofada (os seus monólogos fanseme insoportables :P), pero nunca me deu por ir de troula pensando, hoxe vouna armar, voulle foder a noite a quenes poida. Queres sair é pasalo ben? de puta nai, queres sair a buscar bronca? vaite a sodomizar rinocerontes...(Que ten que ser unha experiencia "curiosa")

He dicho.

viernes, 10 de octubre de 2008

O que hai que ver... Tetas novas por bailar...

Pois si que perdemolo tempo eiqui en Galicia... Saindo os findes, gran cantidade de xente, móvese a un local ou a outro por festas que estes fagan (Larios, camiseta mollada, mojito...). Ao pareceres, os arxentinos sonche mais espabilaos... Ata o día de hoxe un dos reclamos que mais me chamara á atención e a coñecida "Lady´s Nights" de Lisboa (as mulleres entran e beben gratis toda a noite), pero os arxentinos (ou alomenos algúns deles) foron mais aló é sortean implantes de peito nas discotecas. Ti imaxinate, saes un sábado de copas cos colegas cunha 80, e ao finde que ven xa saes sen os colegas, cunha 95 e fardado de escote, coa conseguiten dor de espalda ao dia seguinte por levar os hombros medio metro detras... (o proceso de recuperación é un chisco mais largo, mes e medio creo).

Imaxinadevos... a susodita discoteca chea de mulleres, é mais homes ainda na entrada. Ao parecer, esta práctica xa a prohibiron, e agora o que fan e regalar os cartos (uns 70.000 pesos) pra faceres a operación... O que fixo a lei, fixo a trampa...

Miña nai!, se me regalaran a min un cochiño por beber... ou unha piscina pra casa, unha ps3... Os de Tanqueray subirian en bolsa, no medio de esta crise... jajaja

miércoles, 8 de octubre de 2008

¿Autoestima? Sempre!

¿Como a xente é capaz de erguerse todolos dias coa autoestima a rás do chan?
Os que me coñecen, poden dar fé delo; se hai algo que me caracteriza (aparte dos meus defectos) é a miña queridisima autoestima. Non confundamos, eu non ando cós hombros medio metro detrás da cabeza, sacando peito coma un pavo real, senón, que me quero moito. A cousa está en non crerse mellor ca ninguén, pero a vez tampouco inferior a...

Dende cativo inculcaronme a idea de que se non te queres a ti mesmo, quen diantres te vai querer. Unha persoa satisfeita de sigo mesma ten maior aceptación social (non mal interpretares). Ao meu redor, o meu circulo de amigos, a xente coa que topas na rúa ou incluso coa que compartes mesa na casa, pasan a maior parte da sua vida queixandose disto, daqueloutro... como se un dia alguen cun corazón inmenso (e un bolsillo mais inmenso ainda), lles fose arranxar os problemas todos de golpe. Tempo atrás, lendo un manual de ventas dirixido a comerciais, topei cun parágrafo que dicia algo asì:
Un comercial, vende o mellor producto do mercado, a seguridade en si mesmo é o respaldo dunha gran compañia.

E digo eu... sé nesta vida, que pra todo nos vendemos (pra ligar, pra aparentar, pra fardar diante dos colegas, pra cairlle ben a sogra...), porque non aplicar este conto, facéndose a idea de que o producto a vender é un mesmo, e claro, un confía nun mesmo (xa temos 2 de 3), e o respaldo desa gran empresa, adxudicámolo a educación que teus pais, mestres, titores é abusóns tipicos do colexio che inculcaron, temos a formula exacta pra crer en nos mesmos, pra vernos igual que aos demais, e pra ser a mellor opción a comprares. A vida, está pra desfrutala, respetando a dos demais, claro, pero porque non desfrutala de bó humor e contento cun mesmo en vez de repetirnos cadansua mañan o mal que nos vai?

Querete a ti mesmo, e desfruta da vida, que son dous dias é tres festivos... xD

martes, 7 de octubre de 2008

Eloxios a dous compañeiros de sofá



Aproveitando a inauguración deste blog, quería facer unha pequena mención a dous artistas das verbas dentro do mundo da literatura fantástica.

Un, aproveitando que en poucos dias saca o seu terceiro libro (o dia 24 para sermos exactos), o mencionado é Christopher Paolini, un xenio que con 15 anos comezou as suas andanzas no mundo da literatura fantástica, e que agora mesmo goza de gran prestixio mundial.

O outro autor que me gustaria eloxiar, é George RR Martin. O cal, hai uns meses que sacou a esperada cuarta entrega de "Canción de hielo y fuego" titulado "Festín de cuervos", o cal tiven o pracer de ler (mais ben de devorar), xa que é un home que consegue facer que te esquezas de que hai un mundo fora do libro. Cantas tardes, e noites esquecido no meu sofá desfrutando da lectura dos libros de este home, falamos de preto dunhas 4000 páxinas.

Récomendolle a calquer amante da literatura fántastica ou das xoias impresas en papel, que perda o tempo sumerxindose no mundo de George, é ao finares, podrá dicir alegremente que invertiu ben o tempo. Tamén vos advirto, que ides pasalo mal, a espera da seguinte entrega (porque vese que quedan inda uns dous libros), a cal, como mínimo, se segue a altura das anteriores, fará que dita espera mereza a pena.

Un saudo, é a vivila vida, que son dous dias é tres festivos... jaja

Estreando blog (Peter es un cabronazo jeje)

Pois xa vedes, incorporandome ao mundo da memoria virtual, procurando con este blog mais que abrirme á xente, coñecerme a min mesmo e con elo quererme ou odiarme un chisco mais.

Para ser o meu primeiro post, non teño moito que contares, bueno, en realidade sí, pero como todavia o teño en quente non me asemella correcto falar delo, xa que non sería neutral no asunto. Asi que sen mais agradecerlle ao meu querido "Peter" o enlace do seu blog.
Unha aperta a todo o mundo e parte do estranxeiro