martes, 11 de enero de 2011

Eu quero traballar!

Eu quero traballar 14 15 horas diarias e cotizar 4
eu quero traballar de luns a luns e que me den unha tarde libre
eu quero traballar e que me den 45 min pra cear, ducharme e voltar feito un pincel
eu quero traballar pra que despois de 12 horas traballando e limpando meu xefe me chame tonto en público
eu quero traballar pra que o jefe me poida chamar cando queira e teña q acudir ipso facto
eu quero traballar pra que o jefe me desperte nas miñas horas de descanso
eu quero traballar pra non escoitar "gracias" ou "ben feito" na vida...
eu quero traballar pra que o meu xefe teña en quen desafogar cando ten un mal dia
eu quero traballar pra recibir reprimendas sen motivo
eu quero traballar pra non cobralo paro cando me lisquen
eu quero traballar pra non cobralo finiquito
eu quero traballar enfermo, caindo da febre e que cando me den unha baixa oir unha reprimenda
eu quero traballar pra que chegadas datas sinaladas me den 4 duros fora do soldo e me digan que non os merezo logo de pasar un ano deixandome a pel polo negocio
eu quero traballar pra non vela luz do día
eu quero traballar pra que se rian de min a cara (e as costas)
eu quero traballar pra cando lle pida algo ao xefe me de a espalda e non me volte falar
eu quero traballar pra que me fodan a liquidación cun dribling burocrático
eu quero traballar pra firmalo finiquito 15 dias antes, e que me digan que non saben se me van renovar,
eu quero traballar, señores estan nominados en 15 dias o público decidirá o seu futuro, ou iso ou tirome un peido e dependo de se vai con sustancia ou non decido que fago. (GH anal)

É vós, ¿coma podedes vivir sen traballar?

He dicho

3 comentarios:

Teogt500 dijo...

Y quien no ha pasado por eso? lo malo que para vivir dignamente hay que trabajar porque el dinero por desgracia no crece en arboles los ricos saben esto y aprovechan de la necesidad de los pobres.

Revolución!!!!!!!

Or0pHeR dijo...

Xa ves, uns nacen con estrela e a outros había que estrelalos...

Anónimo dijo...

o q pasa, na miña opinión, é q como hoxe en día o traballo escasea... e esta en boca de todos o da CRISE pois o empresario ponse as botas. Non queres traballar tódolos dias? hai 50 ou 100 detrás de ti esperando... e non te negues a facer horas extras, non vaia ser o caso... uff a verdade é q levaba tempo sen pasar por aqui... pero manda carallo :O Dai Suki :P