lunes, 13 de octubre de 2008

Alcohol = violencia? Non creo, ten que ser defecto de fábrica xa...

Se hai algo que nunca chegarei a comprender, é o motivo polo cal a xente en vez de sair de festa, sae a buscar bronca. Como lle explicas a alguén medio calzao, que non che interesa o mais minimo o motivo polo cal esté enoxado, que a pague coa parede ou no seu defecto se corte as venas.

Cando estas de copas por ahi, a solución tela facil, cambias de local e ao carallo, xa atopará outro coma el e podran amigablemente intercambiar "caricias". Pero, cando estás detrás da barra, o "figura" (chamareille así, porque é o único adxectivo non descalificativo que se me ocurre) en cuestión envalentonase. Eu considerome un "rapaz" con moita paciencia (demasiada, aventurome a opinar) é o que fago nestes casos, é, amigablemente, darlle a entender que tes un chisco mais de educación ca él (a pesar de que che doble en idade, como mínimo), e se ten algún problema, informolle da hora de saída do meu posto de traballo, por se lle apetece esperar.

Podo chegar a entender que a noite confunde, que o alcohol distorsiona a realidade (a min pásame, sempre me parece chegar a casa de día ^^), que ir acompañado de algunhas mulleres (non teño claro se entran na definición tal cual, pero estou pouco inxenioso e non se me ocurre outra forma de denominálas individuas en sí) faite envalentonarte (ou agilipollarte mais, depende como se vexa). Entón, pese a suxerencia do meu xefe, negome a servilo, e pregúntome, ¿Como será dito figura polo día?, e tremo só de pensalo.

¿Que mal faría a sociedade, pra ter que compartires zonas de ocio con este tipo de "figuras"? No meu caso, se vou a sair da casa cun mal dia, ou me quedo, ou deixo o mal roio na casa, pa ter algo que discutir logo coa almofada (os seus monólogos fanseme insoportables :P), pero nunca me deu por ir de troula pensando, hoxe vouna armar, voulle foder a noite a quenes poida. Queres sair é pasalo ben? de puta nai, queres sair a buscar bronca? vaite a sodomizar rinocerontes...(Que ten que ser unha experiencia "curiosa")

He dicho.

4 comentarios:

Nunca Máis dijo...

Amén irmán!! O matón lévano dentro de serie, e o alcohol o único que fai é polo a flote!!

Pero do mesmo xeito, a festa tamén. Quero dicir, a festa tamén se leva dentro, non fai falla botarlle alcohol para sacala a flote.

A verdade é que non te miro eu liándote a mamporros con alguén.

Creo que sería o último que farías...

Bueno, isto pódese entender mal, non quero dicir que sexas un "MediaOstia" ó que se lle poidan dar catro patadas e deixar medio morto, refírome a que está no último lugar no teu orde de prioridades nunha noite de troula (e creo que na vida en xeral tamén ;D)

-Bailas??
-Sí
-Pois pásao ben!!

Or0pHeR dijo...

Meu, faltouche o non...
Bailas??
Non
Pois de fo**** xa non falamos, non?

XD

Or0pHeR dijo...

Por certo meu, I don´t know that you speak english Xandro...
:P

Nunca Máis dijo...

Otias, mira tú porque o dicías!! Que acabo de ler a mensaxe no blog!!
Puff teño o meu blog un tanto abandonado... e que entre o choyo e a conexión que teño... en fin, que non a fuches visitar na mellor época meu!!jejej